O vindeiro domingo 15 de maio, coincidindo ca semana das Letras Galegas que este ano se lle adica a Manuel María, terá lugar a entrega dos Premios Trulasqui no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz.
Comezará as 18:00 horas cunha conferencia do escritor local Lionel Rexes, onde se falará da figura de Manuel María. De seguido, ás 18:30 horas será a hora dos contos e debuxos para os máis pequenos, a través do programa de dinamización da lectura "Ler Conta Moito" da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, no que o colectivo Polo Correo do Vento presentará unha simpática homenaxe a Manuel María titulada
" O poeta do Miño", baseada no poema "Proclama ós peixes do Miño" pertencente ao libro "Miño, canle de luz e de néboa". Posteriormente a ACX O Castelo entregará os premios do certame de debuxo e narración Trilasqui, no que participaron nenos de infantil e primaria.