Concello de Alfoz
HOMENAXE Á ALFOCENSE DE MAIOR IDADE

HOMENAXE Á ALFOCENSE DE MAIOR IDADE

17/Maio/2016
Dolores Montenegro Vázquez, veciña de Alfoz, celebrou o pasado 15 de maio o seu 101 aniversario. Na casa da súa filla Maria Carmen, no barrio da Espiñeira, da parroquia focense de Vilaronte, onde celebrou este día especial, esta veciña da parroquia do Castro de Ouro, foi visitada por representantes do Concello de Alfoz. Carmen Geada Maseda, concelleira de Igualdade e Benestar, e Xabier Pardiñas, tenente-alcalde de Alfoz, foron os encargados de facerlle entrega duns agasallos como símbolo do cariño e recoñecemento de todo o pobo de Alfóz á súa veciña de maior idade.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO