Concello de Alfoz
ALFOZ PRESENTE NA CERÁMICA DE SARGADELOS

ALFOZ PRESENTE NA CERÁMICA DE SARGADELOS

05/Xuño/2016
Alfoz escolleu Sargadelos para promocionarse. A fábrica será a encargada de elaborar a peza en cerámica da famosa torre do Mariscal Pardo de Cela. Según explicou o concelleiro de Turismo, inicialmente van a fabricarse 200 pezas que, aínda que se exhibirán nas salas da firma, comercializarase en exclusiva na propia torre fortaleza. Pardiñas considera que o feito de elexir Sargadelos confírelle un prestixio á peza que a fai mui idónea para que calquer veciño poda facer un regalo simbólico ou para que a compre xente de fora. Ademáis, a torre será tamén utilizada como regalo institucional.

O convenio de Alfoz con Sargadelos contempla tamén a instalación dunha exposición na torre fortaleza na que se explica o proceso de creación dunha peza, así como de distintas pezas. E a elaboración de merchandising coa tipografía típica de Sargadelos.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO