Concello de Alfoz
CRUCEIRO DE ALLEGUE

CRUCEIRO DE ALLEGUE

Este cruceiro estivo derrubado ata o ano 2010, no que foi recuperado, e data de finais do século XVIII. De propiedade descoñecida, aínda que se comenta que é dos donos do Pazo de Allegue no que un dos dinteis ten a data de 1706. Encontrámonos cunha plataforma con tres chanzos e sobre esta un plinto. Encima hai unha mesa onde se asenta unha base de dous tramos. O varal é cadrado nos extremos e o resto de forma hexagonal. O capitel é moi reducido. Como remate, o cruceiro ten unha cruz de carpinteiro. No seu anverso imaxe de Cristo sobre unha caveira, no seu reverso imaxe da Virxe coronada debaixo dunha margarita con manto e encima de unha cabeza adornada con medias lúas.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO