Concello de Alfoz
CRUCEIRO DA IGREXA DE BACOI

CRUCEIRO DA IGREXA DE BACOI

Trátase dun Cristo xiratorio na parte superior. Fai un tempo tirouno un camión e foi restaurado e colocado no mismo lugar preto do camiño á misa. Foi o lugar de enterramento de nenos de mais solteiras. Estos lugares eran coñecidos como Cemiterios da Deshonra. Está colocado sobre unha base moi irregular. A cruz ten forma cadrada e na base do varal atopamos catro figuracións: caveira, cara de un home, de muller e muller embarazada. Así mesmo destacamos a diferente simboloxía sobre a morte. A cara de Cristo semella unha caveira e a Virxe María descansa ao lado de un neno amortaxado ao nivel dos pés.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO