Concello de Alfoz
CRUCEIRO DO CASTRO

CRUCEIRO DO CASTRO

Está situado no antigo patio de armas do Castelo de Castro de Ouro, na parroquia do mesmo nome. A súa estructura é bastante sinxela. Presenta un pedestal cúbico onde se sitúa unha placa de mármore que fai referencia a unha fundación de tipo relixioso. Non ten basa, o fuste é de sección cadrada pero con rebaixes nas aristas, salvo nas unións; o capitel é case cadrangular sen ornamentación e na cruz aparece o corpo crucificado de Cristo coas mans abertas e a cabeza caída e ladeada. O conxunto está realizado en granito local.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO