Concello de Alfoz
PONTE NOVA

PONTE NOVA

Situada nunha fermosa área recreativa, no barrio de Vilaúde (Mor) sobre as aguas do río Ouro. Trátase dunha ponte de sillería granítica e antepecho de escasa altura, realizado con granito local no século XVIII, presenta a singularidade da diferente concepción dos seus arcos, consta dun arco aximezado, moi pronunciado e dous de medio punto, irregulares e de distinto tamaño.

Ademáis, destacan as dúas barcas de pedra utilizadas para romper a corrente. Presenta un perfil abombado de pendentes suaves, descentrados. O seu estado de conservación é óptimo e ata fai poucos anos foi a ponte que daba servicio á estrada de Mondoñedo a Ferreira, ata que por necesidades de tráfico foi trasladada e construida outra que soportaba mellor o tránsito.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO