Concello de Alfoz
CASTELO DE CASTRO DE OURO

CASTELO DE CASTRO DE OURO

Ubicación da Oficina de Información Turística.
Horario de apertura: 
LUNS: PECHADO
MARTES: DE 16:30H A 20:30H
DE MÉRCORES A DOMINGO
DE 11:00H A 14:00H 
DE 16:30H A 20:30H
 
TFNO. 982 558 578/982 558 001
mail: turismo@concellodealfoz.com



O Castelo de Castro de Ouro, verdadeiro emblema do Concello de Alfoz, tivo a súa orixe nun asentamento castrexo de comezos do século primeiro despois de Cristo. Desta construción, só conservamos as estruturas exteriores da torre da homenaxe da primitiva fortaleza, xa que arredor do século IX unha familia da meseta, apoiada pola monarquía asturiana, funda o mosteiro familiar no século XI baixo o poder da diocese de San Martiño de Mondoñedo quen o fortifica. No 1220 o Rei Alfonso IX concédelle o título de vila e todo un alfoz ao Castro de Ouro e aproximadamente nesta época, a infraestrutura do mosteiro militarízase. No século XV é ocupado polo Mariscal Pardo de Cela, quen o perde trala súa morte pasando a ser propiedade da diocese mindoniense quen o reconstrúe despois de que os Reis Católicos decidiran a súa  destrución, converténdoo en residencia episcopal ata o século XVII no que foi abandonado. A finais do século XIX foi usucapido polo Concello de Alfoz de Castro de Ouro quen decidiu arranxalo a comezos do século pasado, destinándoo ata o ano 1990 a Casa Consistorial e se do Xulgado Municipal.
En 1949 e en virtude do Decreto do 22 de abril obtivo a protección legal e no 1994 foi inscrito no rexistro de Bens de Interese Cultural e adquiriu, desta forma, a maior das proteccións legais posibles para un monumento.
Na actualidade el Castelo acolle varias dependencias municipais que contribúen á súa posta en valor: punto de información turística, sala de exposición e sala museo.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO