Concello de Alfoz
IGREXA DE SANTIAGO DE ADELÁN

IGREXA DE SANTIAGO DE ADELÁN

Aparece citada por primeira vez no ano 610, pero o templo actual é posterior. No seu interior conta con tres naves separadas por tres arcos de medio punto e cubertas cunha bóveda moderna baixo o antigo artesonado. A capela maior con teitume de madeira ás catro augas e sacristía detrais a tres augas.

Na parte exterior destaca a súa portada románica formada por dúas arquivoltas de arco de medio punto e dous pares de columnas con capiteis con ornamentación vexetal e zoomórfica; as basas son, á súa vez, capiteis invertidos de época sueva ou visigoda. Presentan decoración variada dende o peixe (primitivo signo cristián) á concha de vieira (o patrón da parroquia é Santiago) pasando polos motivos vexetais.
No muro exterior da sacristía existe unha cruz sobre o círculo que pode ser símbolo de consagración do templo en época medieval. O resto do templo é barroco do século XVII.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO