Concello de Alfoz
IGREXA DE SANTA MARÍA DE BACOI

IGREXA DE SANTA MARÍA DE BACOI

Esta igrexa foi levantada integramente na primeira metado do século XVIII e é de planta de cruz latina e sacristía detrais. A nave, de dous tramos separados por arco de faxón, cúbrese no seu primeiro tramo con cielorraso, e no segundo cúbrese con bóveda de aristas. O cruceiro leva cúpula hexagonal sobre pechinas. As pechinas levan pinturas dos catro evanxelistas, e na cúpula aparece a Asunción da Virxe acompañada de San Francisco, anxos e guirnaldas de flores.

Todo o conxunto é do século XIX. No lado esquerdo do cruceiro aparece un retablo churrigueresco, de excepcional interese, considerado como un dos mellores retablos do barroco galego. Ten tres corpos e mesa de altar con Santa Face, anxos e figuras ornamentais. Tonalidades múltiples e de gran riqueza de escultura e dourado. 

No banco aparece a inscripción da fundación, datado no ano 1733. Presenta catro columnas salomónicas. A imaxinería que desenvolve é a propia da Paixón e Morte de Cristo e remata co busto do Pai eterno e rica decoración con grutescos.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO