Concello de Alfoz
IGREXA DE SAN VICENTE DE LAGOA

IGREXA DE SAN VICENTE DE LAGOA

Está construida no século XVIII e consta dunha nave con cruceiro, capela maior e dúas sacristías a ámbolos dous lados desta. Unha torre de dous corpos con balaustrada de pedra, bolas e pequena cúpula semiesférica de remate e un porche sostido por catro pilastras de pedra adosado ó muro dereito da nave. Todo o templo cúbrese con sinxelo artesonado de madeira. A fachada principal leva porta adintelada sobre a que levanta unha gran ventá e no alto a imaxe de pedra de San Vicente.

No presbiterio hai un fermoso retablo maior policromado e dourado, barroco, con gran influencia rococó, dous corpos. No brazo dereito do cruceiro hai un retablo neoclásico do século XIX de orde composta, xaspeado e dourado, tres hornacinas e un só corpo, catro columnas ricamente esculpidas, frontón e raios; ó seu carón aparece un retablo popular do século XVIII con dous corpos en tonalidades vermellas, verdes e tala dourada; e no brazo esquerdo, retablo neoclásico do século XIX semellante ó anterior.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO