Concello de Alfoz
IGREXA DE SAN PEDRO DE MOR

IGREXA DE SAN PEDRO DE MOR

Consta dunha nave, cruceiro máis estreito, capela maior e sacristía detrais. Na porta principal lese unha inscripción que fai referencia á reconstrucción do templo no ano 1906. No centro da fachada elévase unha airosa torre de dous corpos. Dúas portas laterais con dinteis aparecen en ámbolos dous muros da nave.

No presbiterio atopamos un retablo moderno; no brazo dereito do cruceiro un primitivo retablo do século XVII, de estilo renacentista popular, pintado e dourado, con dous corpos. No brazo esquerdo hai un retablo de estilo rococó de dous corpos realizado en madeira sen policromía.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO