Concello de Alfoz
PAZO DE CARROCIDE

PAZO DE CARROCIDE

Foi ordenado construír polo arcediano de Viveiro Pedro de Rigueiro Freire y Andrade o 23 de decembro de 1686. Trátase dunha Casa-Pazo con dous portalóns de entrada en forma de arco de medio punto, graneiro, alpendres, capela e gran casón señorial blasonado e organizado en tres corpos. Dous deles en forma de torre almeada de dous pisos, con cuberta a catro augas e pináculos a modo de almeas e o terceiro de planta rectangular, dous pisos de altura e teito a tres augas. Interiormente destaca a gran cociña con cheminea e o mobiliario das habitacións que é do século XIX.
Todo o conxunto está realizado en pedra de cantería aínda que ennegrecida polo paso do tempo.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO