Concello de Alfoz
CASA-PAZO DE BASANTA

CASA-PAZO DE BASANTA

O edificio érguese sobre planta cadrada con dous engadidos. A cuberta é a catro augas e garnecida de lousa do país. A fachada principal componse de tres zonas, a primeira é un corpo de dous andares e baixo con catro ocos de ventanais con pequenos balcóns de antepeito. A seguinte contén unha entrada ao piso principal ao que se chega por unha ampla escalinata de granito con baranda. No segundo andar desta parte aparece unha solana sostida por catro columnas. A terceira zona está ocupada pola torre de base cadrada con tres pisos e un ventanal en cada andar e cara.

O escudo de armas atópase sobre a porta de entrada. Trátase dun escudo mantelado no que no primeiro campo hai unha árbore e ao seu pé unha fonte con auga; no segundo campo unha serpe descabezada e no terceiro un signo de Salomón. As armas complétanse cunha bordura con catro aspas. O conxunto complétase cun muro de granito con portalón de madeira.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO