Concello de Alfoz
CASA-TORRE DO PAZO

CASA-TORRE DO PAZO

Está configurada en base a elementos prototípicos das construccións fidalgas. Trátase dun edificio de tres corpos, cun principal e dous engadidos posteriormente. O central ten forma de torre de planta cadrada realizada en mampostería, con teito a catro augas adornado con pináculos en forma de almeas e machóns labrados nas esquinas. Para acceder á torre existe un portalón de cantería en forma de arco de medio punto enriba do cal se atopa o escudo de armas. Do conxunto de periféricos só se conserva unha parte da muralla que está almeada e cunha cruz colocada nun dos seus laterais; ademáis hai un pozo que surtía de auga ao fogar.

A heráldica desta casa presenta un escudo cortado e partido contendo no primeiro cuartel unha fonte, símbolos salomónicos e unha cobra partida; no segundo dous lobos, na terceira tres faxas escacadas e no cuarto unha estrela de oito puntas no centro dun rombo curvilíneo, e flores de lis nos catro ángulos. Na bordura lese a seguinte lenda: "POR TU LEY Y POR TU REY".
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO