Concello de Alfoz
CASA-TORRE DA ESCOURA

CASA-TORRE DA ESCOURA

Trátase dunha construcción formada por un núcleo central a modo de torre almeada e varios corpos engadidos. O primeiro deles está formado por unha torre de planta cadrada, realizada en mampostería, co teito de lousa disposto a catro augas e decorado con pináculos a modo de almeas. O anexo principal ten pranta rectangular, está feita en mampostería cun piso de altura e cuberta a tres augas realizada en lousa.

Conserva a alta muralla, o pozo e a canle por onde pasa o Río Facelude a través dos seus coidados xardíns. Como referencia á súa heráldica consérvase un tímpano dunha ventá. Está formado por unha dobre arcada de medio punto sobre a que se desenvolve a simboloxía heráldica dos Villaamil, dos Basanta, dos Moreda, dos Osorio, dos Saavedra e dos Luaces de Mondoñedo. Trátase dunha representación lineal, nun só campo, cunha difícil interpretación. Moi posiblemente se trate dun engadido posterior pois o antigo escudo parece que se perdeu.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO