Concello de Alfoz
CASA-TORRE DE CADEIRIDO

CASA-TORRE DE CADEIRIDO

A Casa-Torre de Cadeirido posúe a típica forma de torre construida en mampostería e con teito a catro augas con pináculos en forma de almeas, en lembranza das vellas torres do homenaxe dos castelos medievais. A entrado no edificio faise a través dunha gran portada de medio punto realizada en perfecta cantería. Consta de dúas prantas con escaseza de fiestras. Foille engadida unha vivenda ao seu carón polos seus propietarios que tentaron conservar ao máximo as súas características.

Da época da súa construcción non se teñen novas aínda que se sabe que no ano 1701 o seu propietario era rexidor de Mondoñedo e señor da Casa-Torre de Cadeirido.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO