Concello de Alfoz
PAZO DE ALLEGUE

PAZO DE ALLEGUE

Foi Juan de Luaces no século XVI o que ordeou a construcción deste Pazo. Trátase dunha construcción formada por tres corpos dispostos en forma de "ese". O núcleo máis antigo ten planta rectangular, dúas alturas e cuberta a catro augas polo que se pode observar. Os outros dous bloques engadidos son dos séculos XVII e XVIII. Teñen planta rectangular, dous pisos de altura e numerosos ventanais. A finais do século XVII engadíuselle unha capelo ao terceiro dos corpos, o situado máis ao norte. Dela só se conserva unha sinxela estructura exterior e no interior o altar adosado e o coro de madeira. Había un sistema de portas interiores que unía as distintas estancias. O conxunto todo elo construido en pedra de cantería regular compleméntase cun forno, un cruceiro e unha fonte.

Actualmente está restaurado e funciona como vivenda particular.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO