Concello de Alfoz
CASA SEÑORIAL DOS SANTOMÉ DE CARBALLIDO

CASA SEÑORIAL DOS SANTOMÉ DE CARBALLIDO

Está composta por un gran edificio central que sirve de eixo ao resto de elementos que configuran o total. Trátase dun edificio de pranta rectangular, con dous pisos, teito a catro augas en lousa e construido en sillería granítica local.

Sobre a porta de entrada atopábase un dos seus escudos que agora falta pero no lateral esquerdo da mesa consérvase outro. É un escudo circular onde, nun só campo, aparecen cinco mulleres co torso nu e tapadas por cinco vieiras na súa parte baixa. O conxunto está tocado con helmo de fidalguía e a bordura presenta a seguinte inscripción: "DECUS MIRANDA PROPAGO FAEMINEUM SERVATAE".
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO