Concello de Alfoz
Sector primario:
 
O principal sector económico do concello de Alfoz é o relacionado coas explotacións forestais, debido, fundamentalmente, á gran cantidade de superficie arbórea existente, maiormente de eucalipto e en menor medida de pino e outras especies autóctonas.
 
Dentro dos sectores gandeiros, e aínda que nos últimos anos se reduciu o número de explotacións, existe un cambio produtivo significativo reducíndose as explotacións gandeiras orientadas ao autoconsumo, e conservándose outras con maior superficie de explotación. Existen explotacións de vacún leiteiro e de carne, cunícolas, avícolas e de porcino, ademais do sector apícola, cunha importante produción de mel. Existe  ademais gran cantidade de cabezas de gando cabalar, na maior parte en estado salvaxe.
 
A agricultura é tanto un sector subsidiario da gandería como de autoconsumo. Tradicionalmente os principais cultivos foron o millo, o trigo e as patacas, existindo na actualidade un crecente aumento da produción hortifructícola, maioritariamente orientada á produción de fabas e mazás.

Sector Secundario:
 
Directamente relacionado co sector primario, a industria madeireira é o principal recurso económico do concello. Destaca igualmente a industria do automóbil, coa produción de carrozarías. Xunto a elas, existes outras empresas relacionadas coa construción, a fabricación de mobles, os talleres mecánicos e os de oficios tradicionais, como a carpintería, o calzado de madeira e a costura.
 
O sector enerxético está representado pola produción de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento dos recursos naturais, mediante enerxía hidroeléctrica e, principalmente, eólica. 
 
Sector Terciario:
 
Os servizos básicos son maioritarioamente de carácter público existindo centros de saude e asintencia social, centros de ensino, instalacións deportivas e centros culturais e de ocio. Xunto a estes existen pequenos establecementos que sirven as necesidades básicas da poboación, dedicados ao comercio, aos servizos profesionais e á hostalería, onde se pode degustar a exquisita gastronomía local.
 
O turismo é cada vez un sector máis importante no concello, debido ao seu gran potencial paisaxístico e historico-artíscico, contando cun crecente aumento dos establecementos turísticos relacionados co medio rural.
Escudo concello de Alfoz
Saber máis...
Podes consultar a ficha sobre sociedade, poboación e economía do concello de Alfoz no seguinte enlace: 
Instituto Galego de Estadíastica
 

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO