Concello de Alfoz
SÁBADO 16 DE MARZO: ESPECTÁCULO DO MAGO RAFA EN ALFOZ
10/Marzo/2024

SÁBADO 16 DE MARZO: ESPECTÁCULO DO MAGO RAFA EN ALFOZ

Ás 19:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura, esperámoste para gozar da maxia da man do Mago Rafa, un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 25 anos traballando con dous obxectivos comúns, divertir e sorprender. Durante todos estes anos traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade. Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa. Proximidade que utiliza para aproximar aos espectadores a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles .. pero sempre coa súa tarxeta de presentación: Un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idades.
COIDADOS COMPARTIDOS
07/Marzo/2024

COIDADOS COMPARTIDOS

Trátase dun curso organizado en colaboración con AFAN BURELA (Asociación de familiares de Alzheimer e outras demencias) dirixido a coidadores/as de persoas con demencia neurodexenerativa (preferentemente coidadores/as familiares, se houbera prazas dispoñibles tamén poderían inscribirse coidadores/as profesionais). Realizarase os días 18, 20, 25 e 27 de marzo en horario de 16 a 18 horas na aula do Centro Sociocultural de Alfoz. As inscricións realízanse directamente en AFAN Burela, no correo electrónico gema.afan.burela@gmail.com ou no teléfono 982.580.610.
PRESENTACIÓN PLAN BÁSICO MUNICIPAL
02/Marzo/2024

PRESENTACIÓN PLAN BÁSICO MUNICIPAL

O vindeiro martes 5 de marzo ás 11:30h no salón de plenos da casa consistorial, terá lugar o acto de presentación do Plan Básico Municipal, que contará coa presencia da Vicepresidenta Segunda e Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Dª Ángeles Vázquez Mejuto, da Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Dª Encarnación Rivas Díaz e da Alcaldesa de Alfoz, Dª Efigenia Maseda Paz.
RAMONA CORTIÑAS LÓPEZ, CELEBROU HOXE 101 ANOS
25/Febreiro/2024

RAMONA CORTIÑAS LÓPEZ, CELEBROU HOXE 101 ANOS

Hoxe, 25 de febreiro, Ramona Cortiñas López, celebrou o seu 101 aniversario no Pereiro, Alfoz. A alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, achegáronse a súa casa e agasallárona cunha cesta con diferentes produtos e plantas. Dende o Concello de Alfoz desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario.
Charla informativa CONTROL E XESTIÓN DA DOR
16/Febreiro/2024

Charla informativa CONTROL E XESTIÓN DA DOR

Durante a mañá de hoxe tivo lugar un obradoiro sobre o Control e xestión da dor durante o cal se abordaron as diferenzas entre a dor crónica e a dor aguda e se proporcionaron habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que a presentan na súa vida diaria. As persoas asistentes coñeceron algunhas estratexias e recomendacións sobre hábitos de vida saudables que poden axudar a combatir a dor (rutinas diarias, hixiene corporal e postural, sono e descanso, exercicio físico, alimentación saudable...) así como alternativas non farmacolóxicas como fisioterapia, acupuntura, meditación, relaxación, psicoterapia... para o seu tratamento. A actividade realizouse en colaboración coa Escola Galega de Saúde.
Páxina 2 / 140

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO