Concello de Alfoz
IZADO DO GALARDÓN: BANDEIRA VERDE DE GALICIA 2023. Xoves 23 de novembro ás 16:15h diante da Casa do Concello de Alfoz.
16/Novembro/2023

IZADO DO GALARDÓN: BANDEIRA VERDE DE GALICIA 2023. Xoves 23 de novembro ás 16:15h diante da Casa do Concello de Alfoz.

Alfoz acada por terceiro ano consecutivo a Bandeira Verde de Galicia. Este galardón recoñece a labor dos concellos, e sobre todo dos veciños e veciñas, no coidado da paisaxe e patrimonio, no traballo cara a eficiencia enerxética, a xestión dos residuos e a educación e sensibilización medioambiental. O Concello de Alfoz presentou un total de 31 accións ou iniciativas nos 4 ámbitos de actuación, acadando a puntuación necesaria para todas elas e, polo tanto, a concesión un ano máis da Bandeira Verde. Queremos felicitar ao resto de municipios galegos que tamén recibiron o galardón, que neste ano foron 18.
NOVEMBRO: MES DO TEATRO. SÁBADO 18. GRUPO DE TEATRO DO HOSPITAL DE LUGO (HULA) CON "ASASINATO NA TENDA DE ROUPA"
16/Novembro/2023

NOVEMBRO: MES DO TEATRO. SÁBADO 18. GRUPO DE TEATRO DO HOSPITAL DE LUGO (HULA) CON "ASASINATO NA TENDA DE ROUPA"

SÁBADO 18 DE NOVEMBRO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA GRUPO DE TEATRO DO HOSPITAL DE LUGO (HULA) “ASASINATO NA TENDA DE ROUPA” O grupo de teatro comezou a súa andaina alá polo ano 1993. En principio as súas actuacións transmitíanse polo circuíto pechado do antigo Hospital Xeral para contribuír a humanizar a convalecencia dos enfermos. Co tempo as representacións comezaron a facerse en aberto, contando coa asistencia do público que acudía ao salón de actos do propio hospital. Sinopse: Dona Katiusca ten unha tenda de roupa, que dirixe cunha actitude claramente tiránica. Na vida desta muller agóchanse unha chea de maldades e trampulladas. Un día calquera, a tenda énchese de clientas. Todo transcorre con normalidade ata que se descobren varios cadáveres. A situación complícanse pero aparecen en escena o gran detective Sherlock Sánchez e o seu axudante Cirilo Burrámez, que conseguen resolver os crimes de desentrañar os segredos de Dona Katiusca.
AXUDAS DECORACIÓN DE NADAL PARA AS PARROQUIAS DE ALFOZ
11/Novembro/2023

AXUDAS DECORACIÓN DE NADAL PARA AS PARROQUIAS DE ALFOZ

O Concello de Alfoz pon a disposición de cada parroquia do municipio as novas subvencións nominativas de Nadal. PINCHA NA NOTICIA para acceder ao modelo de convenio da subvención e á comunicación enviada ás distintas AAVV e culturais para esta finalidade.
XORNADA INFORMATIVA SOBRE DEREITOS BÁSICOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS
11/Novembro/2023

XORNADA INFORMATIVA SOBRE DEREITOS BÁSICOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS

O Concello de Alfoz en colaboración coa Escola Galega de Consumo celebrará o vindeiro 17 de novembro de 11 a 12 horas no Centro Sociocultural de Alfoz unha xornada informativa sobre DEREITOS BÁSICOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS. Durante a mesma o persoal técnico da Escola Galega de Consumo explicará cales son os nosos dereitos como persoas consumidoras así como as nosas alternativas en caso de que precisemos presentar unha reclamación. Trátase dunha xornada aberta ao público para a que non é necesaria inscrición previa.
XXI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2023
28/Outubro/2023

XXI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2023

Un ano máis, a Biblioteca Municipal de Alfoz, organiza o certame de postais navideñas entre o alumnado do CEIP Castrodouro. 1ª categoría: Ed. Infantil. 2ª categoría: 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria 3ª categoría: 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria Cun premio para cada categoría e diploma. Tamén o resto de nenas e nenas terán o seu diploma de participación e un pequeno agasallo por participar. As postais gañadoras serán os calendarios do concello para 2024. As postais entregaranse no centro aos seus titores/as antes do 7 de decembro. As bases de participación, así como a folla de inscrición pode descargarse no código Qr do cartaz e tamén estará dispoñible na web do concello. O premios entregaranse no mes de decembro, a data será anunciada polos medios habituais. Esta actividade forma parte do Programa de Dinamización da Bibloteca, incluído no Plan Único Provincial 2023 da Deputación de Lugo. Área de Cultura.
Páxina 6 / 140

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO