Concello de Alfoz
NOVEMBRO: MES DO TEATRO. SÁBADO 4. REBULDEIRA TEATRO PRESENTA "CITA PREVIA: HISTORIAS DISPARATADAS NA CONSULTA MÉDICA"
28/Outubro/2023

NOVEMBRO: MES DO TEATRO. SÁBADO 4. REBULDEIRA TEATRO PRESENTA "CITA PREVIA: HISTORIAS DISPARATADAS NA CONSULTA MÉDICA"

SÁBADO 4 DE NOVEMBRO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA. REBULDEIRA TEATRO “CITA PREVIA: HISTORIAS DISPARATADAS NAS CONSULTAS MÉDICAS” O Grupo Rebuldeira Teatro naceu en Sarria en xaneiro de 2011 formado por alumnos/as da aula de formación teatral do concello. Estará en Alfoz, a través dos Circuitos de Teatro Afeccionado da Área de Cultura da Deputación Provincial presentando “Cita previa” Esta obra consta dunha serie de escenas que poden suceder nun centro de saúde. Nelas representase de xeito anecdótico cómico o devir cotiá ao que nos enfrontamos os pacientes, o persoal sanitario e os administrativos por mor dos recortes sanitarios. Mentres se recollen a vida social das salas de espera, dende discusións familiares, novas amizades e algún que outro desatino.
NOVEMBRO: MES DO TEATRO EN ALFOZ. TODOS OS SÁBADOS ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA. ENTRADA DE BALDE.
28/Outubro/2023

NOVEMBRO: MES DO TEATRO EN ALFOZ. TODOS OS SÁBADOS ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA. ENTRADA DE BALDE.

O 4 de novembro, Rebuldeira Teatro presenta " Cita previa: historias disparatadas na consulta médica" dentro do Circuito de Teatro Afeccionado da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través do cal tamén teremos, o sábado 11, ao Colectivo Cultural Ollomao con "Pan con chocolate". O sábado 18, O Grupo de Teatro do Hospital de Lugo (HULA) representará a comedia "Asasinato na tenda de roupa" e o sábado 25, remataremos con "Vivan os noivos" de A Adala, ambas subvencionadas polo Concello de Alfoz, Área de Cultura. SE QUERES MÁIS INFORMACIÓN DE CADA UNHA DAS OBRAS, MIRA NA SECCIÓN DE NOVAS DO CONCELLO https://www.concellodealfoz.com/novas.html
NOVO HORARIO DA BIBLIOTECA A PARTIR DO 2 DE NOVEMBRO
28/Outubro/2023

NOVO HORARIO DA BIBLIOTECA A PARTIR DO 2 DE NOVEMBRO

A Blblioteca Municipal de Alfoz, abrirá os MÉRCORES, XOVES E VENRES, de 14:00h a 21:00h a partir do 2 de novembro.
EMPREGO: OFICIAL/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES MAQUINISTA-CONDUTOR/A
27/Outubro/2023

EMPREGO: OFICIAL/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES MAQUINISTA-CONDUTOR/A

Obxecto: Convocatoria para o proceso de selección e formación dunha listaxe de persoal laboral temporal para a cobertura en réxime de interinidade por substitución de traballador da praza de oficial/a servizos múltiples maquinista-condutor/a. Prazo límite de presentación de instancias: 6 de novembro. Máis información pinchando na noticia para ver a convocatoria.
II CARRERIRA POPULAR VALADOURO-ALFOZ
21/Outubro/2023

II CARRERIRA POPULAR VALADOURO-ALFOZ

O 4 de novembro terá lugar a II Carreira Popular Valadouro Alfoz. A saída da andaina e carreira absoluta terá lugar dende diante a Casa da Cultura do Valadouro ás 10h e ás 10:30h, respectivamente. As probas de menores serán a partir das 11:30h saíndo dende diante o Pavillón de Alfoz. A entrega de dorsais efectuarase na Oficina de Turismo do Valadouro. Na presentación da carreira estiveron Manolo Cadramón, Xefe dos Servizos Provinciais de Deportes da Xunta de Galicia; Daniel García, Deputado Provincial e Eliseo Teijeiro e Eliseo Lorenzo, Concelleiros de Deportes de Valadouro e Alfoz. Se entras na noticia poderás acceder á inscrición.
Páxina 7 / 140

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO