Concello de Alfoz
Adelán

Adelán


Localización:
Limita ao norte coa parroquia de Carballido; ao sur coas de As Oiras e Figueiras (Mondoñedo); ao leste coas de Oirán (Mondoñedo) e A Couboeira (Mondoñedo); e ao oeste coas do Castro de Ouro, Mor, Lagoa e As Oiras.

Lugares:
A parroquia de Adelán agrupa as entidades de: As Cales, A Camariña, A Cancela, Os Casás, Clavos, Corbite, O Coto, O Cristo, O Enxameado, Fachelas, Fonte da Bestra, A Igrexa, A Lama, A Martilla, Os Novás, A Orden, Pías, O Pouso, Presa Boa, A Rebolada, A Rexedoira, Suasbarras, Torrillón, O Vilar e Vixín.

Feligresía:
A parroquia de Santiago de Adelán pertence ao arciprestado do Valadouro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Festas:
Aínda que o titular da parroquia é Santiago Apóstolo, tradicionalmente celébranse as festas de San Antonio, o primeiro domingo despois do 25 de xullo, e San Ramón, o 31 de agosto.

Patrimonio:
Podes consultar o patrimonio cultural e histórico-artístico da parroquia de Adelán recollido no "Inventario do patrimonio cultural e histórico-artístico do Valadouro" de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón neste enlace.



 

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO