Concello de Alfoz
Bacoi

Bacoi

Localización:
Bacoi é a parroquia que se encontra máis ao norte do concello de Alfoz. Limita ao norte coas parroquias de Budián (O Valadouro) e San Acisclo (Foz); ao sur, coas do Castro de Ouro e Carballido; ao leste coa de Carballido; e ao oeste coas de Mor e Reirado.

Lugares:
A poboación da parroquia de Bacoi distribúese nos lugares de Canaledo, O Castrillón, Cima de Vila, A Costiña, Esmoriz, A Faia, O Gordival, A Igrexa, As Leas, A Milicroa, O Piñeiro, Rolle, Santo Antonio, O Vilar.

Feligresía:
A parroquia de Santa María de Bacoi pertence ao arciprestado do Valadouro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Festas:
Celébranse as festas de San Antonio, o 13 de xuño e  Santa María (Nosa Señora de Bacoi) o 15 de agosto. 

Patrimonio:
Podes consultar o patrimonio cultural e histórico-artístico da parroquia de Bacoi recollido no "Inventario do patrimonio cultural e histórico-artístico do Valadouro" de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón neste enlace.

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO