Concello de Alfoz
Castro de Ouro (O)

Castro de Ouro (O)

Localización:
Está situada no centro do concello de Alfoz. Limita ao norte coa parroquia de Bacoi; ao sur coa de Adelán e As Oiras; ao leste, coas de Carballido e Adelán; e ao oeste, coa de Mor.

Lugares:
A poboación da parroquia do Castro de Ouro vive nos lugares de Anxeriz, O Castro, Coido, A Costoira, A Fonte, A Granda e Pumariño.

Feligresía:
A parroquia de San Salvador de Castro de Ouro é unha feligresía anexa da parroquia de San Pedro de Mor, arciprestazgo de O Valadouro e diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Festas:
Celébranse as festas parroquiais de San Salvador o 6 de agosto. No entorno do Castelo do Castro de Ouro celébrase o Mercado Medieval de Alfoz, a mediados do mes de xullo. Ademáis, na Finca Galea celébrase a Festa da Malla, o 15 de agosto, e o Día do Mariscal, a finais de agosto. 

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO