Concello de Alfoz
Lagoa

Lagoa

Localización:
Limita ao norte coas parroquias de Santa Cruz (O Valadouro), Recaré (O Valadouro) e Mor; ao sur coas do Pereiro e As Oiras; ao leste coa de Mor; e ao oeste coas de Frexulfe (O Valadouro) e O Pereiro.

Lugares:
Lagoa agrupa as entidades de Abelairas, Acernadas, A Grela, Augaquente, Azoeira, Bao, Beloi, As Campelas, Campo Verde, Carballo Mariño, Carrocide, Casasvellas, O Castiñeiro, A Chafarica, A Cruz, Os Currás, O Escairo, O Espadanal, Galán, Gavián, A Granda, A Igrexa, Lavanco, A Lomba, O Machuco, Maciñeira, Martille, A Pinguela, O Plantío, Ponte de Bao, Ponte do Teixo, Porto Dereito, A Ribeira, Rizal, O Señorío, Sisto, O Souto e A Viñavella. 

Feligresía:
A parroquia de San Vicente de Lagoa pertence ao arciprestazgo de O Valadouro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Festas:
Celébranse as festas de San Vicente, o 22 de xaneiro, coa tradicional Festa dos Callos, e a festa e feira do Santiago, o 25 de xullo, na capela de Santiago.

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO