Concello de Alfoz
Pereiro (O)

Pereiro (O)

Localización:
Limita ao norte coa parroquia de Frexulfe (O Valadouro); ao sur coas de Labrada (Abadín) e Montouto (Abadín); ao leste coas de Lagoa. As Oiras e Viloalle (Mondoñedo); e ao oeste coas de Montouto (Abadín) e O Cadramón (O Valadouro).

​Lugares:
Trátase da parroquia máis extensa do concello de Alfoz, encóntranse os seus veciños agrupados nos lugares de O Acivro, A Arnela, Bordón, Bustelo, A Cabanela, A Caxigueira, O Chao, A Costa, O Coto, Faián, Ferradás, Guilfonso, A Moa, O Outeiro, A Palloza, A Pena do Golpe, A Pesquita, O Pichín, A Ribeira, Rozas, A Rúa e Rubeiro.

Feligresía:
A parroquia de Santa María do Pereiro pertence ao arciprestazgo de O Valadouro e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Festas:
Ainda que a titular da parroquia é Santa María, o 15 de agosto, tradicionalmente celébrase a Natividade da Virxe María, o 8 de setembro.

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO