Concello de Alfoz
RUTA DOS CASTELOS

RUTA DOS CASTELOS

A través desta ruta pola historia poderemos mergullarnos na lenda do Mariscal Pardo de Cela e visitar o que foron os seus dominios, o Castelo de Castro de Ouro e as ruínas do Castelo e Pico da Frouseira, ambos catalogados como Bens de Interese Cultural e Miradores.

Inicio: Pico da Frouseira.
Final: Castelo de Castro de Ouro.
Distancia: 8,7 km (ida e a pé). Posilidade de facela tamén en coche (10 km).
Dificultade: Media.
Percorrido: Lineal.
Tempo: 2h 45min.
A destacar: Fauna e flora das ribeiras do Río Ouro - Pico e mirador da Frouseira - Castelo e mirador de Castro de Ouro.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO