Concello de Alfoz
XESTIÓN DA VEXETACIÓN PRETO DAS VIVENDAS

XESTIÓN DA VEXETACIÓN PRETO DAS VIVENDAS

20/Xullo/2015
Coa intención de levar a cabo unha prevención de incendios efectiva arredor das casas illadas, o Concello de Alfoz fai as seguintes advertencias:

•    Desde a vivenda ata os 10 metros. Non pode haber maleza nin árbores e as copas non poden invadir esta zona.

•    Dos 10 aos 30 metros. Non pode haber maleza nin piñeiros, eucaliptos ou mimosas. O resto das árbores deben estar separadas entre si.

•    Dos 30 aos 50 metros. Non pode haber maleza e as árbores teñen que estar separadas entre si.

Prégase que se teña en conta esta información e se manteñan limpos os contornos das edificacións.

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO