Concello de Alfoz
PROGRAMACIÓN CULTURAL MES DE DECEMBRO

PROGRAMACIÓN CULTURAL MES DE DECEMBRO

02/Decembro/2024

Chega o mes de decembro e con el unha ampla e variada planificación de actividades programadas desde a área de cultura. 

O día 14 ás 19.00h no salón de actos, teremos unha xornada para os máis pequenos e as súas familias, coa representación teatral e musical de "O apalpador e as palabras perdidas", con agasallos para todos os nenos e nenas asistentes, ao acabar a función farase entrega dos premios do XXII Concurso de postais de Nadal. Tamén se inagurará a exposición na Biblioteca de toda as postais presentadas ao concurso.

O día 21 teremos unha visita moi especial na Biblioteca Municipal, desde as 18:00h ata as 20:00h estará PAPÁ NOEL para recibir a todos os nenos e nenas, coñecelos e falar con eles, tamén poderán traerlle as súas cartas. A continuación teremos un concerto de nadal da Banda de Música Pascual Veiga de Mondoñedo, leste será ás 19:30h no Salón de Actos.

O día 28  de decembro os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López, da Escola de Música do Valadouro, farán un bonito e emotivo concerto de fin de ano. 

Para finalizar nas tardes do 29 e 30 de decembro, finalizaremos o ano de maneira moi divertida, inchables, pintacaras, xogos de nadal...e moita sorpresas divertidas máis desde as 17:30h ata as 20:30h no pavillón municipal de Alfoz.

Non vos perdades a programación deste mes, esperemos que sexa do voso agrado, todo coa entrada totalmente gratuíta!
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO