O pasado 25 de febreiro, a nosa querida veciña Ramona Cortiñas López celebrou o seu 102 aniversario. Para conmemorar esta data tan especial, a alcaldesa visitouna no seu fogar para felicitala persoalmente e entregarlle unha fermosa cesta con flores e produtos.
Desde o Concello de Alfoz queremos desexarlle moita felicidade e saúde.