A Casa do Concello será iluminada de violeta como mostra de apoio a todas as mulleres e en sinal de solidariedade coas causas feministas. Ademais publicaremos a II Edición de 'MULLERES DE ALFOZ', unha serie de infografías que destacan a traxectoria e contribución de mulleres destacadas do noso concello.
Con esta publicación, queremos visibilizar o traballo e as historias das mulleres de Alfoz que marcaron a nosa historia e continúan loitando polos dereitos das xeneracións futuras.