OBRADOIRO DE PSICOMOTRICIDADE E MEMORIA PARA PERSOAS MAIORES
06/Marzo/2025
A actividade consistirá nun obradoiro teórico-práctico de psicomotricidade e de recuperación da memoria para persoas da terceira idade e realizarase o venres 4 de abril ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz.
Inscricións ata o día 31 de marzo no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01.
O obradoiro realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde e será impartido pola psicóloga Jenifer Souto Pérez, enfermeira educadora e psicóloga do Servizo Galego de Saúde.