A Fundación Cibervoluntarios impulsa, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, unha nova iniciativa promovida polo Ministerio de Xuventude e Infancia e financiada polos Fondos Next Generation da Unión Europea. O Concello de Alfoz únese a este programa organizando un Campamento Dixital dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 13 anos (nados entre 2011 e 2016).
A actividade desenvolverase os días 14, 15 e 16 de abril na Aula OMIX da Casa da Cultura, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O obxectivo deste campamento é fomentar as competencias dixitais da infancia a través de actividades dinámicas e formativas. Os participantes deberán traer o seu propio dispositivo electrónico, xa sexa un ordenador ou unha tableta.
As inscricións estarán abertas do mércores 19 ao mércores 26 de marzo e poderán realizarse presencialmente nas oficinas de Rexistro do Concello de Alfoz ou a través da Sede Electrónica. As prazas son limitadas.
Para inscribirse, pódese descargar a folla de inscrición no seguinte enlace: FOLLA DE INSCRICIÓN