MELLORAS NOS PARQUES DE ALFOZ
18/Marzo/2025
O Concello de Alfoz realizou importantes melloras no Parque Municipal Alcalde José Palmeiro e no parque do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro para crear espazos máis seguros e agradables para todos.
No Parque Municipal Alcalde José Palmeiro:
- Limpeza das rúas próximas.
- Peche de accesos perigosos con burladeiros.
- Retirada de papeleiras en mal estado e reposición.
- Substitución de xogos infantís e mellora do chan.
- Retirada de árbores enfermas.
- Instalación dunha papeleira hixiénica para residuos das mascotas.
No parque do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro:
- Retirada e limpeza do chan existente.
- Reposición do pavimento danado.
- Limpeza e arranxo dos xogos infantís.
Espazos renovados para gozar con seguridade!