Concello de Alfoz
ENTREGA DA VIVENDA REHABILITADA DE A PINGUELA (LAGOA) EN RÉXIME DE ALUGUER SOCIAL

ENTREGA DA VIVENDA REHABILITADA DE A PINGUELA (LAGOA) EN RÉXIME DE ALUGUER SOCIAL

04/Abril/2025

O Concello de Alfoz asinou o contrato e fixo entrega da vivenda rehabilitada situada en A Pinguela, na parroquia de Lagoa, que se destinará a aluguer social.

As obras de rehabilitación da vivenda remataron en outubro de 2021, cunha achega económica do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Posteriormente, en xullo de 2023, formalizouse un convenio coa Deputación de Lugo que permitiu completar o equipamento da vivenda mediante o financiamento de mobiliario e a instalación de electrodomésticos.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO