Concello de Alfoz
PROPOSTAS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO EN ALFOZ

PROPOSTAS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO EN ALFOZ

15/Abril/2025

O vindeiro 26 de abril, a Casa da Cultura de Alfoz acollerá unha tarde especial para celebrar o Día do Libro, cunha programación pensada para os máis pequenos e as súas familias.

Lugar: Casa da Cultura de Alfoz
Horario: De 16:30 a 19:30 horas

Actividades programadas:

- Xogos no Día do Libro
De 16:30 a 19:30 horas terá lugar unha proposta de actividades variadas para gozar dunha tarde entretida e participativa arredor do mundo dos libros.

- Espectáculo infantil e familiar
Ás 19:30 horas terá lugar o espectáculo "Un libro baixo a almofada", a cargo de Caxoto, dirixido a público infantil e familiar.

A actividade é de balde e non require inscrición previa.
Dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Máis información: 982 571 270

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO