O vindeiro mércores 23 de abril ás 11:00 horas, recibimos unha visita moi especial na Escola Infantil de Alfoz: Trémola Teatro tráenos o contacontos "Pipo, o paxaro que non sabía voar" .
Unha historia chea de tenrura e aprendizaxes para as nenas e nenos, dentro do programa Ler Conta Moito, en colaboración coa Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a Xunta de Galicia.