Concello de Alfoz
TEXTILES CIRCULARES E SOSTIBLES EN ALFOZ

TEXTILES CIRCULARES E SOSTIBLES EN ALFOZ

09/Maio/2025
Cada persoa tira de media 7 kg de roupa ao ano. En Alfoz apostamos pola reutilización e a economía circular.
No exterior do Centro de Saúde tes 2 contedores para a recollida de roupa, pero antes de chegar a ese punto… pensa nestes consellos:
- Consumo responsable: Compra só o que precisas e aposta pola calidade = máis duración.
- Mira a etiqueta: Evita o poliéster, emite 3 veces máis CO2 que o algodón.
- Reutiliza e recicla: Pequenas reformas poden darlle unha nova vida á túa roupa.
- Doa a túa roupa: ONG, Cáritas, Roupeiros... sempre hai quen a necesita.
- Vende online: Plataformas como Vinted, Micolet ou Wallapop son opcións ideais.
E se xa non ten arranxo…tira a roupa no contedor axeitado: contedor textil (exterior do Centro de Saúde de Alfoz).

Pequenos xestos, grandes cambios!

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO