Concello de Alfoz
NOVO CAMPAMENTO DIXITAL EN ALFOZ

NOVO CAMPAMENTO DIXITAL EN ALFOZ

19/Maio/2025

Aventuras, misións e retos adaptados á súa idade! Aprenderán a usar Internet e ferramentas dixitais de xeito útil, seguro, creativo e responsable.

Datas e horarios por idades:

- Do 23 ao 27 de xuño, de 10:00 a 14:00 h → Para os/as nados/as entre 2012 e 2017
- Do 30 de xuño ao 4 de xullo, de 10:00 a 14:00 h → Para os/as nados/as entre 2008 e 2011

As inscricións serán do 26 de maio ao 4 de xuño, e poderanse facer:
- Nas oficinas de rexistro da Casa do Concello
- A través da sede electrónica
Folla de inscrición aquí: https://qrcd.org/8hwB

Para realizar a actividade deberá haber un mínimo de 8 participantes e un máximo de 15 por quenda.


Cada participante deberá traer o seu dispositivo electrónico, xa sexa tableta ou ordenador.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO