XESTIÓN DA BIOMASA: OBRIGA LEGAL E REUNIÓN INFORMATIVA
02/Xuño/2025
Lembramos á veciñanza que antes de que remate o mes de maio, as persoas titulares de terreos deben realizar a xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas non permitidas nas franxas de protección.
Estas actuacións son fundamentais para a prevención de incendios forestais.
Para aclarar dúbidas sobre estas obrigas, convócase unha reunión informativa:
Xoves 5 de xuño
Salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz
Ás 18:00 horas
Podes consultar o bando completo na nosa web ou na imaxe.