A Biblioteca Municipal de Alfoz incorpora novos títulos de literatura infantil pensados para o público máis novo. Trátase dunha ampla selección de contos e libros ilustrados que buscan fomentar o hábito lector desde idades temperás.
Ademais, lembramos que segue en marcha a campaña do Carné de Superlector/a, unha iniciativa destinada a premiar a continuidade na lectura entre nenos e nenas de 3 a 14 anos.
Cada vez que se leve un libro en préstamo, sumarase unha estrela no carné. Ao completar 12 estrelas, obterase un agasallo, e así sucesivamente. Para participar, só é necesario dispoñer do carné da Rede de Bibliotecas de Galicia, que pode tramitarse gratuitamente na propia biblioteca.
Animámosvos a achegarvos para descubrir todas as novidades dispoñibles e formar parte desta iniciativa que promove o pracer pola lectura desde a infancia.
Esta acción está enmarcada no Plan Único da Deputación de Lugo 2025.