Con profundo pesar comunicamos o falecemento de Don Jorge Val Díaz, Primeiro Tenente de Alcaldesa do Concello de Alfoz e ex alcalde durante o período 2015–2023.
Declarouse loito oficial durante tres días, coas bandeiras a media asta nos edificios públicos municipais. Ademais, durante este tempo non se celebrarán actos institucionais.
Convócase a veciñanza a gardar un minuto de silencio o 11 de xuño ás 12:00 h diante da Casa do Concello, en mostra de respecto e recoñecemento á súa dedicación ao servizo público.
O Concello de Alfoz acompaña na dor á súa familia e amizades.