Os Concellos de Alfoz e O Valadouro organizan unha excursión ao Labirinto de Rinlo o xoves 27 de xuño, dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o 23 de xuño. A adxudicación das prazas farase por rigorosa orde de inscrición.
Na parte inferior desta nova pódense descargar tanto as bases completas da actividade como a folla de inscrición, que deberá entregarse cuberta no Concello de Alfoz ou no do Valadouro.
Unha oportunidade para vivir unha divertida aventura entre xogos e natureza!
BASES EXCURSIÓN LABERINTO DE RINLO