Venres 4 de xullo
21:00 horas na Casa da Cultura
DANI BLANCO & ZÉ POMAR "Contos de revolución. De Brassens a Neira Vilas"
Un espectáculo de narración e música no que unha simple bolboreta pode desencadear unha revolución. Dende a memoria de Neira Vilas ata os ecos de Brassens, viaxaremos por París, Berlín ou Bos Aires nun relato poderoso e emocionante sobre a forza da palabra e a música.