Concello de Alfoz
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO

21/Xullo/2025

O Concello de Alfoz informa de que está aberto o prazo para inscribirse no Programa de Turismo Social do IMSERSO para a temporada 2025/2026.

Destinos dispoñibles:

  • Costa peninsular (Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana, Cataluña)

  • Illas Canarias e Baleares

  • Escapadas culturais, natureza, capitais de provincia e Ceuta/Melilla

Requisitos para participar:

  • Persoas pensionistas xubiladas

  • Maiores de 55 anos con pensión de viuvez

  • Persoas beneficiarias de subsidios ou prestacións

  • Tamén poden participar acompañantes e persoas con discapacidade

Solicitudes:
As persoas interesadas poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Alfoz.

  • Prazo: ata o mércores 23 de xullo de 2025 (de luns a venres)

  • Teléfono de contacto: 982 588 320

  • Documentación: DNI e xustificantes de ingresos

Para máis información, dirixirse ás oficinas municipais en horario de atención ao público.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO