O vindeiro martes 29 de xullo, unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará situada en Alfoz, entre o edificio do Concello (A Seara) e a Casa da Cultura, en horario de 16:30 a 21:00 horas.
Lémbrase que para doar sangue hai que almorzar e, no caso de doar despois de xantar, esperar polo menos dúas horas. Non se debe realizar unha comida copiosa antes da doazón. É necesario presentar a tarxeta de doazón, o DNI ou outro documento identificativo, e informar ao persoal sanitario se se está a tomar algún medicamento.
Pode doar sangue calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 kg e estea en bo estado de saúde.
Doar sangue é un xesto solidario que pode salvar vidas en só 10 minutos. A túa colaboración é fundamental.