O CONCELLO DE ALFOZ RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE AUGAS DE GALICIA PARA A REDUCIÓN DE PERDAS NA REDE MUNICIPAL DE AUGA
05/Agosto/2025
O Concello de Alfoz resultou beneficiario dunha subvención concedida por Augas de Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, destinada á execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos galegos de menos de 20.000 habitantes.
A axuda, cun importe total de 44.915,52 €, permitirá a substitución de contadores de auga para consumo individual na rede de baixa do municipio, dentro do Compoñente 5, Investimento 3 do PERTE de dixitalización do ciclo da auga.
Este proxecto contribúe á mellora da eficiencia no uso dos recursos hídricos, á modernización das infraestruturas municipais e ao compromiso coa sostibilidade e coa loita contra o cambio climático.