O Concello de Alfoz abre o prazo de inscrición para o vindeiro curso das Escolas Deportivas, dirixidas a nenos e nenas de 4 a 17 anos. Unha iniciativa para fomentar o deporte base e os hábitos saudables na nosa xuventude.
As modalidades deportivas ofertadas son:
- Fútbol
- Patinaxe
- Atletismo
- Pádel
Podes inscribirte do 18 ao 25 de agosto e tamén durante todo o curso escolar.
Descarga a folla de inscrición aquí abaixo e preséntaa na Oficina de Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica.